Construir
unha buxaina:
Fixen a miña buxaina
primeiro utilizando un lapis pequeno, pero que deixaba maís ou menos 3 cm por abaixo.Con esta
buxaina os meus lanzamentos duraron:

- 3,8 s
- 4,2 s
- 4,0 s
Despois trasladei
as moedas cara a a periferia supoñendo que así a miña buxaina iría mellor por
ter máis estabilidade xa que o peso xa non recae na parte central( lapis e
moedas) senón que agora trasládase unha parte importante do peso cara á
periferia .
E efectivamente a
buxaina xira durante máis tempo :
- 7,3 s
- 8,7 s
- 6,4 s
Aínda que xa conseguín
a meta dos 8 segundos probei cun lapis moito máis longo a ver se variaba e os
resultados foron bastante peor :
- 2,1 s
- 2,3 s
- 1,6 s
·
O
control sobre o que se plantea é do profesor nun principio e despois cando o
alumno fai unha suposición tamén recae sobre o alumno.
·
O
control sobre o procedemento tenno o profesor se é o que propón o material pero
tamén o alumno que ten que modificar o material ou deseño e deberá anotar os
resultados segundo estas propostas
·
O
control sobre o resultado terao o alumno xa que é o que deberá interpretar
estes datos, interpretar os datos co deseño proposto e os datos cos novos
deseños. Non todos deberíamos ter os mesmos datos pero a interpretación xeral
debería conducirnos ao mesmo. Debería conducirnos a un deseño óptimo deste tipo
de buxainas e saber que características melloran o seu funcionamento.


No hay comentarios:
Publicar un comentario